25 de xuño de 2025

REGATA DO CARME 2025. ANUNCIO DE REGATA DE DORNAS

Regata de dornas en Ribeira


Este sábado 28 de xuño, ás 16:30, dispútase a regata do Carme 2025 de dornas a vela do Lajareu. Vai de seguido a folla de inscrición e o anuncio oficial da regata.







Animamos a todas as tripulacións e clubes de dornas a se achegar por Ribeira para participar nesta regata e pasar unha boa jornada de mar e de vela tradicional.

3 de xuño de 2025

REGATA DE PRIMAVERA - 5ª PROVA FINAL


E chegamos à prova final da regata de primavera de dornas do Lajareu de Ribeira. Foi o sábado 24. Desta volta celebrarom-se as cinco provas sem termos que cancelar ou adiar pola meteorologia. Vencedoras??? Toda a frota!!! por que forom cinco jornadas a desfrutamos com paixão do mar de Ribeira e do deporte da vela. 

5ª PROVA

Imos primeiro co relato da quinta prova, para o que contamos co patrón da Papoula, Carlos Otero, que junto com Jorge Ramos à tosta, forom a dorna vencedora da mesma. 

Como foi o percorrido, Carlos?

-     Xa sabes, como case sempre a liña de saída estaba en Coroso e boia de desmarque por babor, cara o vento NW que tiñamos. Fomos os que nos achegamos máis á boia xunto coa Xaimiña que pasou primeiro, e depois nós. Continuamos en empopada a deixar o sinal do Lajareu por babor, e alí virada por popa cara a illa de Rúa. Nese bordo longo levamos sempre por diante de primeiros a Xaimiña, e pola nosa popa o resto que semellaba que se ían achegando e tal, pero fomos mantendo as distancias. En Rúa pasamos pola Carabeliña, que daba a marea. [foto que segue]


A sotavento de Rúa não havia encalmada?

- Pois non. Había un ventiño que nos deixou facer a bolina cara as bateas de Palmeira. Na Papoula fomos indo a sotavento da Xaimiña. Pero, que pasa? Que me pareceu que facían o bordo cara a Ribeira moi prematuramente, entón eu deixei... deixeime ir moito máis para alá e fixen o bordo case pegado a terra.  E onde estaba o vento ese día era en terra, macho!! O vento estaba terra!!  Depois de Rúa era a entrar pola liña de meta en Coroso, e de feito, moitas dornas xa fixeron o bordo directo pero non colleron o bon vento que collemos nós de terra. A Xaimiña foi aínda polas Miñoteiras e tiveron que facer máis manobras. Aí foi onde nos situamos de primeiros, e na Papoula cunha soa manobra xa nos valeu para meternos de primeiros, tío!



Como se tomam essas decisões e defines a estratégia?

- Pois eu o que fago na miña cabeza é como un estudo de todo, vou facendo como un croquis de todo o que podo facer, e cálculos á miña maneira antes das manobras. Ás veces vai ben e outras veces non tan ben... he he he.  Estas regatas longas están moi ben, dan moito de si, podes saír de último e acabar chegando de primeiro!

- Tamén fomos como un tiro por que preparei ben a dorna. O outro dia andoume na cabeza que a tiña mal e axusteina, tamén a vela, e ese é un dos factores para facer una boa regata. E desta volta vin que a dorna ía como un tiro!

- E xa sabes... o equipo é fundamental. Eu teño moita sorte co compañeiro que teño, Jorge. Leva comigo desde os 15 anos!! É tempo!! É un tripulante "de puta madre, tío" e facemos bo equipo e tal. E a parte é moi boa persoa. 


Que sensações finais che quedan desta regata de primavera?

- Pois que é unha marabilla gañar unha proba, he he he!! por que te volves competitivo... aínda que ao final podes facer unha regata bonita que desfrutas, fixeches unha boa estratexia, e quedas sen vento ao final entrando de último, mais se te divertiches e desfrutastes mogollón, pois acabas contento tamén, e iso é ser bon deportista. E desfrutar de navegar que a min é o que me interesa... E se gañamos, pois... "de puta madre"!

- E estou agora con idea de ir á Volta á Arousa, que para min é a regata raíña, e estar aí con todos vós e ir un bon grupiño do Lajareu. E temos o encontro galego este ano en Ribeira que estarei no clube que imos ter actividade todos os días, que isto é moi bonito. Paréceme moi interesante... e a travesía a Palmeira tamén nos ven depois. Non paramos! 



PODIUM REGATA DE PRIMAVERA 2025

Agradecendo a Carlos o seu relato, passamos a anunciar e reconhecer as dornas vencedoras absolutas desta edição. Receberom os troféus da mão do concelheiro de Deportes, Xabier Vidal Peón, o concelheiro de Mar, Fernando Abraldes Pérez, da corporação municipal de Ribeira; e a diretiva do clube Adelino Formoso e Marcos Buíde. 

Houvo aplausos para toda a família dorneira que estivo a participar com afouteça e deportividade desde março até finais de maio nas cinco provas. Mas ecoarom especialmente louvanças aos vencedores absolutos, a Xaimiña, com Jaime García e Juan Fontaíña que são ademais a tripulação mais nova. Merecidíssimos parabéns!

  1. Xaimiña  (Jaime e Juan)
  2. Zoa (Charly e Carlos)
  3. Ardentia (José María e José Antonio)

A entrega de troféus foi acompanhada duns petiscos e o tradicional convívio marinheiro. Todas as persoas participantes receberom como lembrança a camisola do clube. E agradeceu-se especialmente a participação de dornas vidas doutros clubes e em particular a Josefa dos Dorneiros Regateiros, com Carterola e Geno que participarom em todas as provas e foi um prazer!! Também o agradecimento ao juiz de regata, Andrés Suárez, polo seu profissionalismo, e ao persoal de apoio


ÁLBUM DE FOTOS REGATA E TROFÉUS

Álbum fotos regata e troféus

Fotos: Juana Parada (terra), Blanca Carballal (Moura) e Santi Moroño (Moura)