18 de mar. de 2013

ESTO VAI REMATANDO

A construcción da Insuabela vai chgando a seu fin:  dos barrotes sobre regala xa so falta facerlle os imbornáis. Na proa está a tapa do escotillón co seu tarabelo


Nesta perspectiva tan chula vemos enteiro o barrotillo dos corredores e tilla. A foto engana porque n apopa é moito máis estreito do que aquí semella



E finalmente nesta vista xreal podemos apreciar como chagan a cinta e barrote de sobre-regala á pola e o taco do motor. Tamén se ven as remadoiras, que nas anteriores reportaxes ainda non estaban.

Xa era para poñela quilla arriba esta semana, pero Domingos tivo que deixar de momento os últimos traballos que faltan na Insuabela para reparar os danos que os últimos temporáis causaron nas dorniñas dos mariñeiros. 
O primeiro é o primeiro, lóxicamente. Pero axiña veremos rematada a Insuabela e poderemos poñela quilla arriba para tapar as cabezas dos cravos con serrín con cola, calafatear o carpinteiro todas as xuntas das táboas con estopa e brea, e dar a primeira man de alquitrán ao casco. Estámolo desexando... Cousa bonita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario