24 dec, 2012

A nosa Dorna vai vento en popa!

Vento en popa e con nordestada! Voa o mar e á xeiteira de Lajareu non hai quen a colla. Nen a Domingos que bota táboas, cadernas e paus a mais ritmo do que se tarda en colgalo en internet. Tamén hai que dicir que él é un profesional e traballa a tempo completo e nos andámosvos nésto cando nos cadra. De feito estas fotos xa case teñen un mes, así que, se non apuramos, a próxima vez que vaiamos, xa o collemos veleando a Dorna entre Sagres e Vionta. Mirade que cousa chula! Hai que ir ás Illas Feroe para ver unha disposición de táboas como esta. Así navegan logo as Dornas! E outra novidade: A Dorna xa ten nome! Alomemos nos papéis. O día ese que fixemos estas fotos Domingos. Asaltounos con que lle había que dar xa o nome. Que ao outro día lle viña o enxeñeiro e tíñamosllo que dar xa. Así que nos constituimos e gabinete de emerxencia con Domingos de asesor experto independente e veña a dicir alí nomes. Evidentemente tiña que ser en galego, feminino, e recoller un topónimo mariño da nosa Ría. Preferentemente nunha soa verba, e, podendo ser, un nome dalgunha dorna antiga, que tamen o patrimonio inmaterial recuperamos os de Lajareu. Quedoulle Insuabela, aprobado pola directiva co dictame favorable do asesor independente... Espero que vos guste....













4 comentarios:

  1. pinaldaarea@yahoo.com02/01/13 18:17

    fermoso nome para unha fermosa dorna. parabens e benvida sexa.
    por certo, esa "ilha-con" (insuabela)
    para nós os da Arousa sempre foi "insua da vela".saúdos.

    ResponderEliminar
  2. ... como no nos vai gostar! é un fermoso nome, e tamén será unha fermosa dorna, sen dubida.
    Por certo. ¿Cando e donde terá o seu bautizo de mar?, ¿Será no verán, en Agosto quizás?. A ver si teño sorte e podo presencialo. Avisade con tempo.
    Saudos cordiales
    Juan Mª Santos.

    ResponderEliminar
  3. Hola Pinaldaarea. Moitas gracias polas tuas verbas. Mira tí que a min me pintaba tamén mmellor Insuavela con v, por vir de vela, non de beleza... Pois alí en Riveira escríbeno con B, e dino así todo xunta; Así que alá foi xa nos papeis a capitanía... A min ségueme gustando mais que sea Insuavela ou Insua da Vela... Unha aperta!

    ResponderEliminar
  4. Juna María, Gracias por estar sempre ahí, atento ás escasas entradas no noso blogue. Esperamos botar a dorna antes do verán. Contamos tela no galpçon entre febreiro e marzo ao paso que va. Logo botarémoslle alquitrán arreo e veña para o mar, que hai que i-la curando... Tam´ne lle hai que facer a vela, pero para calcula-la temos que ter antes a dorna feita...A ver se a principio da primavera a podemos botar... E un picho daremos. Sabendo a data, anunciarémola no blogue. Unha aperta mariñeiro!

    ResponderEliminar