24/09/2009

A "Tamariua"

Hola de novo mariñeiros e amigos.
Teño o gusto de presentarvos á "Tamariua"; ainda que moitos xa a coñecedes. É a dorniña de nove cuartas que encargara Luis "o catalán" a Domingos, co nome de "Paisana", para tela en Cadaqués. Como moitos xa saberedes, cando Luis deixou de ter tempo ou condicións axeitadas para disfrutar desta pequena marabilla, preguntoume se estaba disposto a facerme cargo dela para seguir facendoa navegar. Eu levo un tempo veraneando pola Costa Brava e devecendo por dispor dunha dorna por alá; así que o trato estaba servido. En cinco días de Xuño que fun para o bautizo dunha sobriña, pecheime no garaxe coa Paisana, e saqueí dalí a Tamariua. Cos acabados e cores tradicionáis e as letriñas chulas marca da casa a Tamariua vese irmanciña da Moura. Así que cando chegamos a pasar o Agosto botamos á ensenada do Port de la Selva unha dorniña ben bonita para sorpresa e admiración de veciños e veraneantes de alá. Portos de Cataluña
pon pantaláns provisionáis no verán, a un prezo asequible para os que acreditan veranear na vila (un modelo de xestión do porto moito máis axeitado que as barbaridades que proxectan por aquí); así que, coa dorna amarrada, saín case todos os días e dei un cursiño acelerado aos meus cuñados Judith ,Pol e Ía, que xa sabían velear. Ao cabo de catro días Pol xa daba a virada como un mariñeiro da Arousa. Mesmo puidemos sair coa nena e a mamá, grazas a un foquiño vello que me pasou Miguel Patexeiro. A dorna era o centro de todas as miradas. Nunca tantas fotos me fixeran e tantos piropos me botaran (non a min, claro). Mesmo me dixo admirado ún que ten un bote de latina: "pero xa vin que saides do pantalán a vela". "E que ainda non teño un motoriño (dixenlle eu), e os remos da dorna case non me collen no carreiro entre os dous pantaláns". Moito fachendeei aqueles días! Pero a presentación oficial da Tamariua
perante as xentes do mundiño das embarcacións tradicionáis foi na Trobada de Vela Llatina de Cadaqués, que celebran todos os anos; e téñovos que decir que aqueles cataláns tratáronnos de marabilla. Por alí andaban Joan Sol, Toni Clapés, Jaume Amengual e Quico Despuig, coñecidos de anteriores citas a este e aquel lado da Península ou na rede de redes... que nos fixeron a cousa ben doada. Anunciábase Tramontana, e eu non tiña un motoriño para arriscarme a pasar o Cabo de Creus (un Fisterra que teñen alá) na dorniña, así que Quico, colleu o seu coche e levoume a dorna para alá a remolque, deixouna no seu galpón pola noite e á mañá, cando eu cheguei, xa locía preciosa na mallante.
O Encontro comezou cunha varada na praia grande da vila, para que o público poidese ver os barcos (admiracións e piropos para a Tamariua), logo houbo unha sardiñada, con viño (ás 12 da mañá, podédevos figurar a alegría con que zarpamos), e unha saida conxunta, pasando arredor dunhas boias, que resultou ser unha regata (saimos como un tiro, quitámoslle un cacho a todos e, ao non saber o recorrido, quedamos esperando pola flota). Alí puidemos ver embarcacións impresionantes: bussis, busetas (sí, sí: busetas, que xa falarei polo miudo), botes de regata, llauts, os preciosos sardinales, o espectacular "Corb Marí" de Joan (vencedor da regata) e a magnífica barca de mesana "Sant Isidre", onde tivemos o privilexio de comer invitados, e na mellor compañía, unha excelente "fideuá" preparada polo propio Quico . Tamén tivemos a ocasión de coñecer a Vicente García Delgado (coautor da obra indispensable "Nuestra Vela Latina") e a Ben, o inglés de Tarragona que se fixo unha barquiña de 4,60 con chapa e epoxi e foi con ela de Cataluña a Ibiza... E de postre: a pasear na dorna con todos estes amigos...
Logo, en terra, cervexiñas e conversas mariñeiras... e á noitiña, cea na praia do mellor, magníficamente organizada. ¿Non val a pena ter unha dorniña por alá?. Se queredes saber máis da Trobada de Vela Llatina de Cadaqués, e das impresións que causou a "Tamariua" podedes visitar os blogs de Joan Sol ttp://elmareselcami.blogspot.com/2009/09/xxii-trobada-de-cadaques-la-navegacio.html, que se pode traducir automáticamente ao castellano, e donde conto unha pequena crónica da regata; e o sorprendente e orixinalísimo blog de Ben ttp://theinvisibleworkshop.blogspot.com/2009/08/rowing-cross-oared-again.html, que, se non sabedes inglés, alomenos disfrutaredes das fotos e de ver o extenso reportaxe e o grande interés que lle suscitara a dorna. Que o disfrutedes.
Unha aperta. Suso
Ah!, e animádevos a facer algún comentario que senón esto é unha tristura. Non vos preocupedes se non vos aparece no momento: témolo que editar nos, pero xa logo sae.

11 comentarios:

  1. Hola, Suso!

    Ha sido un placer revivir a través de esta entrada uno de los mejores días de mar, al menos para mi, de este verano que parece que no tiene ganas de irse. Pido tanda ya para salir en la “Tamariua” en la próxima Trobada de Cadaqués. Como no tengo remolque, no es seguro que pueda participar con el “Corb Marí”. Así que si necesitas tripulación, ya lo sabes. Con tu destreza al timón de la dorna y mis conocimientos de la bahía, hacemos podio seguro.

    Además, tenemos una asignatura pendiente: llevar la “Tamariua” navegando desde Port de la Selva hasta Cadaqués. Cuando tengas el motor me gustaría acompañarte en la “Expedición dorna al Cap de Creus”.

    Feliz otoño y saludos desde el Mediterráneo.

    ResponderEliminar
  2. Hola Joan:
    Suscribo tu apreciación sobe aquel día de mar, acepto tu incripción en el rol del Tamariua cuando lo desees.
    Lo de hacer podio no lo tengo tan claro, más que nada porque una vela de relinga en una regata de vela latina entiendo que está fuera de competición. De todos modos lo importante es poderir y disfrutar de otra jornada marinera. También es una ena que no pueda estar el Corb Marí. Yo sí que tengo remolque, aunque prestado. Es un remolque buerte y grande que bien puede transportar al Corb. Así que ya sólo necesitamos un coche con bola. De todos mods; y aunque no lo mencioné en la entrada, no sólo me quedé atrás por desconocer la bahía y el recorrido. También por pifiarla anticipándome el la virada (que no nos oiga nadie), así que, si vienes en la Tamariua, seguro que tus habilidades como piloto y estratega también serán de utilidad. Y para todos los letores: Joan lleva la cañade la dorna como si hubiese nacido con una en la mano.
    Salut i bons vents!

    ResponderEliminar
  3. Hola Suso,

    soy Panta de Girona. Me he paseado por tu blog y es realmente fantástico. Bueno, como este verano no va a poder ser... acepto la invitación que me hiciste en Muros y el próximo verano me subo a Cadaqués y, si te va bién, nos damos un paseo. De mientras seguiré saliendo con mi Estel (de Roga) que como ha cerrado el único astillero que las fabricaba, a lo mejor, para el verano que viene ya es un "clàsico" y puedo participar en la regata.
    Un abrazo y recuerdos a tus mujeres.

    ResponderEliminar
  4. Hola Panta!
    Qué alegría encontrar tu comentario. Por supuesto qeu me irá bien salir a dar una vuelta contigo en la dorna. Ya sea en la Trovada anual de Cadqués (a la que espero no faltar) y en Port de la Selva cualquier dia que puedas acercarte. Mientras tanto sigue disfrutando de tu Estel, que también me gustaría conocer. A Ingrid le alegrará saber que recalas por el blog.
    Un abrazo Jesús

    ResponderEliminar
  5. Hola Suso. Da a impresión de que vives como un rei. A verdade e que poder difrutar de unha dorna fora de Galicia e un privilexio. O mellor de todo e a labor que sin querelo, fas de divulgación da nosa embarcación típica fora das nosas fronteiras. Faise un pouco raro ver unha dorna varada nunha praia mediterránea. Da a impresión de que e unha nena bonita que todos, de arredor, queren pretender.
    Saludos.
    Juan M. Santos

    ResponderEliminar
  6. Ola Juan:
    A verdade é que así contado sí que pinta ben. Tes razónDispoñer dunha embarcación a vela para navegar é un luxo en calquera parte, e en Galicia é un luxo ao alcance de moita xente moi desoñecido e moi pouco valorado. Coa recuperación das embarcacións tradicionáis en máns de asociacións sen ánimo de lucro e de sustrato popular, pódese navegar sen coste nengún: so hai que querer. O clima templado e as Rias, permítennos navegar todo o ano nun marco fermoso e seguro. E saes a velerar un domingo fermoso de outubro ou decembro ou marzo e eres o único na Ría. En Cataluña a cousa est´´a moito máis complicada. As embarcaciónstradicionáis son artículos de luxo ao alcance duns poucos e acarrean unha importanrte serie de gastos para o seu mantemento o disfrute. Así que, coa miña dorniña por alá sí que me considero un verdadeiro privilexiado. Eu teño montado o tema en plan artesanal e busqueime ben a vida para que non me coste cartos. e efectivamente, é a moza máis guapa do baile, ou polo menos a máis exótica. Cualidades non lle faltan. É moi importante eso que dis da labor de difusión da nosa cultura. Non creas que non son consciente. De feito penso que é unha responsabilidade de todo aquel que ten unha embarcación tradicional. Digamos que navegar nunha dorna é "menos egoista" que nunha embarcción moderna, porque os que amamos esto disfrutamos tamén de amosalo e dalo a coñecer, e con esa labor devolvémoslle á navegación tradicional, parte de todo o que ela nos da a nos... Espero que a Tamariua poda seguir facendo esa labor de embaixadora da cultura mariñeira galega en Cataluña por moito tempo. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Hola, Suso.
    Muy real tu crónica de la trobada de Cadaqués (boia,no boia ;no regata ,regata). Pero felices de tu compañia . Despues de gozar de vuestra hospitalidad en Muros.

    Hay! si tuvieramos tantas associaciones como "os galegos" ya os daríamos guerra.
    TONI.


    Anterior comentario puede que no se recibiera.

    ResponderEliminar
  8. Hola Suso,
    Has resuelto el tema British Seagull? Te di respuesta a través de mi blog.
    Ya me dirás si necesitas más ayuda. Saludos.

    ResponderEliminar
  9. Hola Toni:
    Qué bien saber que andas por aquí! Por el blog, digo. Sí que da fuerza lo de las asociaciones, pero tenemos mucho que hacer en ese otro aspecto donde nos lleváis ventaja: la introducción de las embarcaciónes tradicionales, o de inspiración tradicional en la náutica particular de recreo. Sólo así se garantizará un auténtico futuro de la cultura y el patrimonio tradicionales. Es un aspecto directamente relacionado con el de la autoestima cultural y su transversalidad social al que ya me referí en una anterior entrada sobre "El Port de la Selva". En Galicia necesitamos una generealización del amor por lo propio que en Cataluña nunca ha faltado, y que las clases medias y altas valoren la "galleguidad" de una embarcación, en lugar de considerarla como un localismo, un folcklorismo, un atraso, o un signo de pobreza, frente a una "lustrosa" embarcación de fibra y de tipologia "internacional" que indica nivel socio-económico en proporción a la eslora y caballos...
    Gracias por tu comentario. Espero veros pronto con la caña en una mano y la escota en la otra.
    Un abrazo Jesús

    ResponderEliminar
  10. Hola Santi!
    Muchas gracias por tu interés y mil perdones por no haber contestaqdo a tu anterior respuesta, que leí inmediatamente a su publicacion en tu blog. La verdad es que estaba esperando a hacer mi búqueda por internet para responderte con mis avances, pero no he encontrado un momento para hacerla. Debo ser el unigo bloguero del mundo que no se maneja ni mínimamente por la red. Mis escasas capacidades e limitan a colgar entradas y comentarios en este blog que gestionan otros cfompañeros má avezados, pero lo cierto es que navegando y buscando por la red soy un absoluto torpe. Eso, unido a mi sobrecarga profesional de estos dias, me han hecho desatender la cuestión del Seagull, esperando una respuesta de S.O.S. o que otro amigo, Ben, que es inglés me aznazara algo con su ayuda. Pero a Ben no le funcina la conexión en casa, y John no me contesta. Así que tendré que ponerme las pilas.
    Perdona de nuevo que no te contestara y gracias por visitar el blog. Espero que lo hayas entendido a pesar del idioma. Muchas gracias por tu interés y un abrazo. Sigo agradeciendo cualquier ayuda.

    Suso

    ResponderEliminar
  11. Hola Suso!
    Ahora mismo estaréis llegando a Cadaqués después de la travesía desde Puerto de la Selva, espero que todo haya ido bien y que este Cadaqués 2010 os vaya fenomenal a todos, con especial cariño para mi amigo gallego.
    Saludos desde el otro lado del Atlántico!

    ResponderEliminar