10/06/2009

Miguel e a Moura en Salitre

Hola outra vez.

Como vedes as miñas intervencións no blog van como o vento de San Alberte: a refachos. Parece que a cousa calmara, pero agora estamos no medio do refacho, e coa proa a Muros, cousa difícil saindo de Riveira e ventando de San Alberte, que é o Noroeste.

Pois aproveitando o refacho metemos un poquiño de proa ao vento e botamos esta nova entrada como quen bota o curricán pola popa, na estela da anterior.

E é nada mais e nada menos para contarvos que no último "Salitre", o programa da Galega que vai recalando nos portos do país, entrevistaron ao noso Miguel, de Sada, que na sua modestia e altura de miras, aproveitou a entrevista, non para falar da sua Asociación, a recentemente fundada "Os Patexeiros", senon para contar das moitas que levamos adiante a recuperación e mantemento das Embarcacións Tradicionáis dende diversas perspectivas, como no noso caso o deporte, e mesmo aportou ao programa, ente outras, unha foto da nosa querida Moura en Brest, para que a puxeran mestres falaba, en vez de chupar cámara e botarse flores, como farían moitos.

Pois moitas gracias Miguel, pola alusión, pola foto e polo voso traballo. Ahí vos vai o enlace: http://www.crtvg.es/TVG/acarta.asp

Alí poñedes Salitre, e darávos a escoller os programas de varios portos. Pinchades no Sada e ahí vos sae. (Hai que esperar un cachiño para ver a Miguel).

Máis sobre os Patexeiros en


Unha aperta Suso

2 comentarios:

  1. ¡¡¡E que este Miguel éche moito!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polo teu comentario Palmeirán. Pois sí que é un fenómeno o noso Miguel. Pdedes seguir as andanzas dos recén creados e mpi activos PATEXEIROS no seu blog. Temos o enlace aquí, á dereita.
    E a todos: animádevos a deixar comentarios no blog, que lle dan moita vida, e nos fai moita ilusión leelos e contestalos aos que levamos o tema. Facede a proba. É ben doado.
    Unha aperta

    ResponderEliminar