22 de set. de 2008

Xuntanza de Bloggers en San Vicente do Mar.

Ola outra vez:

O próximo sábado 4 de outubro de 2008 está prevista a celebración, no Clube Náutico de San vicente do Mar, dunha Xuntanza de bloggers de temas mariñeiros.

A inicativa parte dunha rapaza de Vigo que leva un excelente blog de temas náuticos en xeral e que últimamente se está volcando no ámbito das embarcacións tradicionáis, como podemos comprobar no amplo reportaxe fotográfico do recente encontro de Bouzas. Ao encontro podemos asistir os que dedicamos unha pequena parte do noso tempo a compartir na rede as experiencias e novas relativas ao mar e a navegación e todos os que as seguides e contribuides con algunha participación; con parellas, fillos e demáis. Eu non vou poder estar, que me toca viaxar este dia; así que se algún queredes e podedes, seguro que a ocasión o merece. Se por min fora iría na dorna, veleando, e quedaría a durmir por alá para volver domingo.
O acto insírese no programa da Festa do Marisco do Grove, e constará dun xantar social, sobremesa e mesa redonda. Toda a información en
Animádevos.

2 comentarios:

  1. Pero eso non estaba promovido pola FGCMF?

    ResponderEliminar
  2. Pois sí.
    Así foi. Houbo unha certa confusión nun primeiro momento en canto ao orixe da iniciativa, pero efectivamente foi da Federación;inda que a rapaza deste blog colaborou moi activamente ou impulsou o tema.
    Gacias pola puntualización

    ResponderEliminar