28 de dec. de 2006

Traineira Viquinga


Hola a todos, boas festas e feliz singladura 2007!
Como a nosa bitácora do Lajareu andaba algo parada póñovos aquí esta magnífica colaboración do meu irmán José, que andou uns días ahí atrás coa moza por eses mundos mariñeiros do Norte.
Velahí vai:

Como a página do clube leva muito tempo parada, imos meter alguma cousinha para dar-lhe vida. Silvia e mais eu estivemos em Suécia em Setembro, e ainda que umha semana nom dá para muito, algo de interesse dorneiro chegamos a ver.Aqui tendes umhas fotos dumha "lancha para ir a misa", do lago Siljan, na regiom de Dalarna, no centro do pais, o que eles chamam o meio-norte. Esta lancha, que no painel esplicativo nom tinha outro nome específico, servia para isso, para ir a misa. Tem dez pares de remos, e tod@s apreciaredes esse tipo de construcçom que nos é tam familiar.Com a melhora das comunicaçons por terra fôrom caendo em desuso a fins do s.xix até que no ano 1936 a algum "pirado" ocorreu-se-lhe fazer regatas e assím recuperá-las. Sona-vos a história, nom?

José Cadaveira
Assím a tenhem, ao pé da estrada num área de descanso. Ao fundo podedes apreciar os valados tradicionais.
Ainda sendo longa tem de ser bem ligeira.
Essas cavernas fininhas, essa estructura ligeira, tam deles e tam nossa.

2 comentarios:

  1. Vaia, menudas viaxes que te largas.
    A embarcación é chulísina.
    Dis que se fan regatas con estes barcos.
    Sabes se participan nelas clubs de remo ou son impulsadas por entidades culturais?
    Non sabía que se practicase remo en banco fixo en suecia.
    A min ponme unha regata de traineras e deixame alá a champions league e eso.
    Vinte bogadores e bogadoras é moita xente a remar, na trainera son 14 e xa lle chega.
    Veña, un saúdo mariñeiro.

    ResponderEliminar
  2. Bo e marinheiro dia,

    Son o emigrante que tivo a sorte de compartir con José e Silvia ums maravilhosos dias no meu pais de acolhida, Suécia. Tentando respostar a o´fartura, conto-vos, que as regatas de trainhas de misa en Suécia están organizadas anualmente pola feceración nacional de remo, e semelha que entidades culturais promoven o tema pola súa conta, suponho que xunto con exhibicións con roupa tradicional, música... Podedes ver un bocadinho de información en ingés na web:
    http://www.rodd.se/valy.asp?adressID=72
    http://www.folksweden.com/folkcustoms.html
    E se queredes mirar mais fotos:
    http://www.tiohuggare.se/gkinbj.htm
    http://www.tiohuggare.se/hrk/alvrodd06/index.html
    http://www.tiohuggare.se/sm2004.htm

    Saúdos a todas e todos, e umha forte perta a José,

    Ruco

    ResponderEliminar