11 de xul. de 2005

Regatas: "Regata do Albariño" nos Encontros de Cambados

DSCN5537

Moi, pero que moi ben o VIIº Encontro de Embarcacións Tradicionais que rematou o pasado domingo en Cambados. Nós pasamos un fin de semana en jrande, como dicimos por aquí. Coido que a organización estivo ben e que o nivel cultural dou o callo. Sufriuse moito polo nordés que non deixou que se lucirán máis as embarcacións no mar, cousa que afectou directamente a Lajareu que non puido traer unha maior representación de dornas por que nos comía o mar ó cruzar a Ría nos dous primeiros días dos encontros. Logo cruzaron tan só tres embarcacións cun par de rizos cadansúa. (Un aplauso á Rabuda polo seu intento de cruzar o charco o xoves con Forza 7-8. Non puido ser. E logo polo seu cruce sen vento no domingo do regreso a Ribeira.) Que mal nos tratan os deuses.

A Regata do Albariño de dornas a vela polo menos tivo mellor sorte. Os regatistas lucíronse cun ventiño fresco que demostrou, unha vez máis, que nesas condicións non hai quen poda coa Liviana do Club Rodeira de Cangas. ¡Miña nai, como corre a cabrona! Con dicirvos que deixou á Pereka e á Nécora tiradas xa vos digo todo. (¿A que leva un motor intra-borda deses modernos, eléctricos ou nucleares, ou non sei que! Lévao.) De todas formas os da Illa seguen mantendo o máis alto nivel competitivo. Teñen un pila de bos regatistas. Tamén ensinou os dentes o Parada dos Mecos do Grove. Non se pode un fiar del nas ceñidas. Nós fixemos un octavo, e non hai queixa dado o nivel que están demostrando os do outro lado da Ría.

Enhoraboa a toda a Organización dos Encontros. Moi ben. É fácil criticar e buscar pegas ás cousas, pero eu póñome no voso pelexo é tremo.

Alghunha foto en Vieiros.

2 comentarios:

  1. Graciñas, campeóns, sodes os meiores. Tendes unha páxina que como dirían por ahí adiante non deixe de visitar, se quere moirase sin sair o mar.
    Gracias por todo.
    Fernando. cambados

    ResponderEliminar
  2. Suso da Rabuda23:09, 21/07/05

    Hola, xente mariñeira!
    Moitas gracias pola mención de honra. Parece unha tontería pero a un gústalle ver de ves en cando o nome da Rabudiña ahí, na páxina do clube. Pois nada; xa estamos para outra. A ver como se porta o tempo o domingo.
    Por certo: Anda por Bueu Luis o Catalán. Xa lle invitei á regata do domingo ou a pasar polo galpón cando quera.
    Unha aperta. Suso.

    ResponderEliminar