A Deputación da Coruña ven de conceder á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento unha subvención o pasado 25 de maio de
2014.
Esta subvención está dirixida a
investimentos durante o ano 2014 e nesta ocasión o obxecto en concreto é a adquisición dun motor foraborda para a dorna xeiteira Insuabela. O importe
concedido é de 2.398,32 €, que supón unha porcentaxe de financiamento do 70 %.Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento. Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna. Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
26 de maio de 2014
A Deputación da Coruña concede unha subvención ao Lajareu
Subvención da Deputación da Coruña para o ano 2014.
13 de maio de 2014
A SANDRA VENCE A PRIMEIRA PROBA DE PRIMAVERA NUNHA CHEGADA MOI AXUSTADA
A chegada desta primeira proba resultou apretadisima pero a Sandra sóubolle sacar dúas esloras á Xaimiña e algo máis a Áncora.
A Sandra con José Antonio e Panarro a punto de atravesar a chegada. |
No Lajareu iniciamos o pasado 3 de maio as regatas de Trofeo de primavera e resultou unha tarde tranquila con pouco vento e sen mar. Foi moi agradable a saída en dorna polas augas de Ribeira.
Aquí tedes todas as fotos no álbum da regata.
Saímos 11 dornas e fixemos un percorrido non moi largo por se caía o vento; saída proa á baliza de desmarque na praia de Coroso, ás Airoas por babor, volta ao Lajareu para deixalo por estribor, Camouco por babor e unha bolina ata a liña de chegada na mesma baliza na praia de Coroso.
A clasificación desta proba foi:
Sandra,
Xaimiña,
Áncora,
Ardentía,
Volandeira,
Vikinga,
Rabuda II,
Papoula,
Praia das Carolinas,
Moura,
Praia de Bandaurrío
.
.
3 de maio de 2014
FINALIZOU O CAMPIONATO DE INVERNO DE DORNAS A VELA 2014 E INICIA A REGATA DE PRIMAVERA 2014
BOA TARDE DE SOL CUN VENTO DE ENTRE 12 E 15 NÓS NA 4ª E ÚLTIMA PROBA DA REGATA DE INVERNO.
Este sábado
26 de abril doce
dornas tomaron a saída dende Ribeira
para completar a última das catro mangas das que constaba este campionato. O
vento, moi estable e ben definido do oeste, andaría entre os 12 e os 16 nós,
con algún refacho de algo máis de intensidade.
Aquí tedes o álbum de fotos da regata.
Unha tarde axeitada para levar toda a vela, aínda que algúns participantes atrasarían o centro vélico, deixando caer o mastro para andar algo máis seguros. Non foi isto unha imposición da comisión de regata, pero si algo importante para conseguir un mellor equilibrio na dorna.
.
Unha tarde axeitada para levar toda a vela, aínda que algúns participantes atrasarían o centro vélico, deixando caer o mastro para andar algo máis seguros. Non foi isto unha imposición da comisión de regata, pero si algo importante para conseguir un mellor equilibrio na dorna.
.
A saída co vento na proa, fíxose dende preto da Illa
do Ratos para ir proa a boia de desmarque, moi preto da entrada do club
náutico. Neste primeiro tramo, sería a
Áncora, Xaimiña, Sandra, Volandeira,
Ardentía e Vikinga as que foron deixando
a boia de desmarque, por babor, formando
un primeiro grupo bastante apretado. Dende aquí e co vento polo través, habería
que deixar o faro do Lajareu, tamén por babor, no que non habería cambios
significativos no orden de paso,
soamente resaltar un pequeno golpe xusto ao virar a boia de
desmarque entre a Volandeira e a Sandra
que non tería máis consecuencias.
Xa
no terceiro tramo, ata a Illa de Rúa, e co vento pola aleta de
estribor, destacaría a Sandra facendo unha moi boa remontada e rebasando ao
segundo posto que nese intre era da Áncora. A Xaimiña foi a primeira dorna en
rebasar a Illa. A esta altura, destacar o percance que sufriu a Sandra partindo
o mastro pola parte superior, xusto no momento de facer a virada por popa, e aínda
que perdeu moito tempo reparando a desfeita, chegaría polos seus propios
medios, máis xa perdera toda opción a
loitar por unha praza no podio.
Ata
o seguinte paso, o sinal do Camouco, e co vento de proa, abriríase moito o
campo da regata, onde algúns decidiron ir cara terra e outros cara fora, máis a
clasificación non sufriría cambios significativos, virando este paso a Xaimiña,
a Áncora e a Vikinga nos primeiros postos.
Na
chegada a meta sería a Áncora a que alcanzaría a Xaimiña, entrando esta na
segunda posición, e Vikinga e a Ardentía no terceiro e cuarto posto a moi pouca
distancia das primeiras.
O
resto do grupo entrou así: Volandeira, Moura, Rabuda II, Cachi, Sandra, Praia
das Carolinas, Xarda e Beliña.
Logo
de publicar a clasificación houbo unha reclamación dunha dorna por considerar
que a puntuación final era incorrecta. O comité de regatas logo de estudar as
motivacións e comprobar os resultados acordou estimar a reclamación, polo que a
clasificación final do campionato de inverno foi a seguinte:
E unha tras doutra, iniciamos xa a Regata de primavera 2014 aproveitando os sábados con marea alta na tardiña.