Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento.
Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna.
Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
1 de abr. de 2013
A INSUABELA QUILLA ARRIBA
un grupo de oito: membros de Lajareu, amigos e compañeiros reclutados para a ocasión poñemos a Insuabela quilla arriba seguindo ás ordes do carpinteiro, Domingos. Sobran verbas:
A tarefa ilusionante, o esforzo común, producen a alegría espontanea dos grandes momentos. Qué bonito se todo na vida fose así.
Agora toca tapar as cabezas dos cravos con serrín con cola, calafatear e alquitrán a todo! Gracias a Ingrid polas fotos.
Claro que sí, Carlos, e moi gratificante. Mira qué caras de alegría. Alexandre de Portonovo: gracias polas tuas verbas e benvido ao blogue de Lajareu. Aí seguimos ao pé do canón...
A botadura ainda non ten data. Primeiro hai que rematar a dorna e logo irá para o noso galpón para levar as máns de alquitrán que precise. O tempo de secado dependerá do tempo meteorolóxico, que como todos sabemos, é un misterio. Mentres tanto trataremos de axilizar o cálculo e fabricación da vela. Esperamos ter a dorna para o Encontro do Freixo, se todo vai ben. Eso sí, anunciaremos a botadura non blog.
Compañeiro de Vilanoa: é un algo máis pequena que a Rabandeira. se non me engaño a Rabandeira anda polos 7 metros de eslora e a Insuabela non paso dos 6,50. Ademáis paréceme que en superficie vélica tamén habemos ser algo máis contidos. Ainda así será un pracer navegar á par con vos no Freixo se tedes aben arriar un pouco de escota par non comernos as papas!
Un bo traballo, si señor
ResponderEliminarUn bo exemplo do fermoso traballo asociativo pola conservación das embarcacións tradicionais en Galicia. Noraboa! Saúdos dende Portonovo.
ResponderEliminarClaro que sí, Carlos, e moi gratificante. Mira qué caras de alegría.
ResponderEliminarAlexandre de Portonovo: gracias polas tuas verbas e benvido ao blogue de Lajareu. Aí seguimos ao pé do canón...
...Para cando será a botadura?.
ResponderEliminarSaúdos.
parece moi chula, xa temos pique coa Rabadeira este vran je je je, parece ser mais ou menos da misma eslora.
ResponderEliminarQue maravilla de dorna. Vai ser o orjullo do Lajareu.
ResponderEliminarA botadura ainda non ten data. Primeiro hai que rematar a dorna e logo irá para o noso galpón para levar as máns de alquitrán que precise. O tempo de secado dependerá do tempo meteorolóxico, que como todos sabemos, é un misterio. Mentres tanto trataremos de axilizar o cálculo e fabricación da vela. Esperamos ter a dorna para o Encontro do Freixo, se todo vai ben. Eso sí, anunciaremos a botadura non blog.
ResponderEliminarEi Palmeirán: sí que é o noso orgullo, e a nena dos nosos ollos, pero quédalle moito para chegar a unha Balbina!
ResponderEliminarUnha aperta
Compañeiro de Vilanoa: é un algo máis pequena que a Rabandeira. se non me engaño a Rabandeira anda polos 7 metros de eslora e a Insuabela non paso dos 6,50. Ademáis paréceme que en superficie vélica tamén habemos ser algo máis contidos. Ainda así será un pracer navegar á par con vos no Freixo se tedes aben arriar un pouco de escota par non comernos as papas!
ResponderEliminar