Vento en popa e con nordestada! Voa o mar e á xeiteira de Lajareu non hai quen a colla. Nen a Domingos que bota táboas, cadernas e paus a mais ritmo do que se tarda en colgalo en internet. Tamén hai que dicir que él é un profesional e traballa a tempo completo e nos andámosvos nésto cando nos cadra. De feito estas fotos xa case teñen un mes, así que, se non apuramos, a próxima vez que vaiamos, xa o collemos veleando a Dorna entre Sagres e Vionta. Mirade que cousa chula! Hai que ir ás Illas Feroe para ver unha disposición de táboas como esta. Así navegan logo as Dornas! E outra novidade: A Dorna xa ten nome! Alomemos nos papéis. O día ese que fixemos estas fotos Domingos. Asaltounos con que lle había que dar xa o nome. Que ao outro día lle viña o enxeñeiro e tíñamosllo que dar xa. Así que nos constituimos e gabinete de emerxencia con Domingos de asesor experto independente e veña a dicir alí nomes. Evidentemente tiña que ser en galego, feminino, e recoller un topónimo mariño da nosa Ría. Preferentemente nunha soa verba, e, podendo ser, un nome dalgunha dorna antiga, que tamen o patrimonio inmaterial recuperamos os de Lajareu. Quedoulle Insuabela, aprobado pola directiva co dictame favorable do asesor independente... Espero que vos guste....
fermoso nome para unha fermosa dorna. parabens e benvida sexa.
ResponderEliminarpor certo, esa "ilha-con" (insuabela)
para nós os da Arousa sempre foi "insua da vela".saúdos.
... como no nos vai gostar! é un fermoso nome, e tamén será unha fermosa dorna, sen dubida.
ResponderEliminarPor certo. ¿Cando e donde terá o seu bautizo de mar?, ¿Será no verán, en Agosto quizás?. A ver si teño sorte e podo presencialo. Avisade con tempo.
Saudos cordiales
Juan Mª Santos.
Hola Pinaldaarea. Moitas gracias polas tuas verbas. Mira tí que a min me pintaba tamén mmellor Insuavela con v, por vir de vela, non de beleza... Pois alí en Riveira escríbeno con B, e dino así todo xunta; Así que alá foi xa nos papeis a capitanía... A min ségueme gustando mais que sea Insuavela ou Insua da Vela... Unha aperta!
ResponderEliminarJuna María, Gracias por estar sempre ahí, atento ás escasas entradas no noso blogue. Esperamos botar a dorna antes do verán. Contamos tela no galpçon entre febreiro e marzo ao paso que va. Logo botarémoslle alquitrán arreo e veña para o mar, que hai que i-la curando... Tam´ne lle hai que facer a vela, pero para calcula-la temos que ter antes a dorna feita...A ver se a principio da primavera a podemos botar... E un picho daremos. Sabendo a data, anunciarémola no blogue. Unha aperta mariñeiro!
ResponderEliminar