Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento. Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna. Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
24 de mar. de 2007
Primeira regata de primavera
Xa vai unha semana dende que se celebrara a nosa primeira regata da temporada, e temos esquecido este o noso blog. Foi unha regata moi importante, non solo por ser a primeira, mais tamén porque nela estabamos a estrear a nosa nova vela axustada ó deseño tradicional.
Os que a tiñan probada dixeran que a vela era boa, pero os que a estreabamos por primeira vez tíñamos medo. A vella vela era máis grande e nós estabamos xa afeitos a ela. Agora non tiñamos nin idea de como ía a traballar. Por riba de todo, o vento non acompañaba demasiado. Sopraba unha brisiña suave do nordés.
Os nosos medos quedaron superados rapidamente. A pesar da escasa velocidade do vento, a vela tiña potencia de abondo. E coido que todos quedaramos contentos ca experiencia. Os comentarios foran moi satisfactorios á volta da regata.
O que alí aconteceu podedes lelo na Voz de Galicia, en Masmar e en Prensa das Rías.
E esta tarde, ás catro, temos a nosa segunda regata. Parece que imos ter un vento moi similar ó de fai quince días segundo as previsións. ¡Non importa! Seguro que imos gozar de novo.
Agradeceríamos que alguén trouxese unha cámara fotográfica ou vídeo para deixar constancia do evento e poder ver como locen as novas velas.
Ola jorganes:
ResponderEliminarEstamos valorando a posibilidade de propoñer que no encontro de Ferrol se poida realizar unha apresentación dos blogs de cultura mariñeira que hai neste momento.
Eu estou disposto a participar nun acto destas características coa intención de fomentar a apariciòn de máis blogs.
Poderiamos prantexalo como un acto no que falaríamos nós os dous co apoio dun proxector para que o público vise os blogs ao mesmo tempo que falamos.
Tamén podería participar o webmaster do blog da dorna meca e tamén Lino, que ten abandonado o seu blog pero que de seguro ten moito que aportar.
Por favor, dime que opinas no meu e-mail monchobouzas@gmail.com
Coido que se ti e máis eu nos poñemos dacordo e llo propoñemos aos organizadores do encontro, unha vez que acepten sería fácil sumar a maís xente.
Agardo a túa resposta, sen maís recibe un afectuoso saúdo mariñeiro.