Maravilhosa jornada de navegação na Insuabela com nordés mantido o mais do tempo superando os 6 nós nos melhores momentos.
Foi o passado sábado. Estivamos víveres: espectacular empanada "terra-mar" da que se encargou a Sara de Ribeira, os chouriços de Lalim de Mar e o alvarinho de casa de Suso em Caleiro.
Zarpamos com 19ºC, dia solheiro, céu e mar privilegiados, e pomos proa a Rua e os Guidoiros acompanhados da Moura. Também no mar A Volandeira, com José à cana, nuns bordos afinados e lixeiros que vão dar muito que falar nas vindeiras regatas de inverno do Lajareu.
Velai o vídeo que nos deixa o companheiro Carlos Barcala:
Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento. Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna. Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
8 de nov. de 2015
17 de feb. de 2015
REGATA DE INVERNO 2015 DE DORNAS A VELA
En Ribeira comeza a temporada de regatas.
No Lajareu programamos a habitual Regata de Inverno con catro probas durante os meses de febreiro, marzo e abril, concretamente as datas son o 21 de febreiro, 7 e 21 de marzo e o 11 de abril.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Durante estes meses tamén coincide que se farán as eleccións á xunta directiva, por se tiñamos poucas este ano, pero xa vos iremos dando novas deste tema.
Aquí vos deixo o Anuncio de regata que facemos habitualmente. Bo vento.