Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento. Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna. Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
30 de set. de 2009
24 de set. de 2009
A "Tamariua"
Hola de novo mariñeiros e amigos.
Teño o gusto de presentarvos á "Tamariua"; ainda que moitos xa a coñecedes. É a dorniña de nove cuartas que encargara Luis "o catalán" a Domingos, co nome de "Paisana", para tela en Cadaqués. Como moitos xa saberedes, cando Luis deixou de ter tempo ou condicións axeitadas para disfrutar desta pequena marabilla, preguntoume se estaba disposto a facerme cargo dela para seguir facendoa navegar. Eu levo un tempo veraneando pola Costa Brava e devecendo por dispor dunha dorna por alá; así que o trato estaba servido. En cinco días de Xuño que fun para o bautizo dunha sobriña, pecheime no garaxe coa Paisana, e saqueí dalí a Tamariua. Cos acabados e cores tradicionáis e as letriñas chulas marca da casa a Tamariua vese irmanciña da Moura. Así que cando chegamos a pasar o Agosto botamos á ensenada do Port de la Selva unha dorniña ben bonita para sorpresa e admiración de veciños e veraneantes de alá. Portos de Cataluña
pon pantaláns provisionáis no verán, a un prezo asequible para os que acreditan veranear na vila (un modelo de xestión do porto moito máis axeitado que as barbaridades que proxectan por aquí); así que, coa dorna amarrada, saín case todos os días e dei un cursiño acelerado aos meus cuñados Judith ,Pol e Ía, que xa sabían velear. Ao cabo de catro días Pol xa daba a virada como un mariñeiro da Arousa. Mesmo puidemos sair coa nena e a mamá, grazas a un foquiño vello que me pasou Miguel Patexeiro. A dorna era o centro de todas as miradas. Nunca tantas fotos me fixeran e tantos piropos me botaran (non a min, claro). Mesmo me dixo admirado ún que ten un bote de latina: "pero xa vin que saides do pantalán a vela". "E que ainda non teño un motoriño (dixenlle eu), e os remos da dorna case non me collen no carreiro entre os dous pantaláns". Moito fachendeei aqueles días! Pero a presentación oficial da Tamariua
perante as xentes do mundiño das embarcacións tradicionáis foi na Trobada de Vela Llatina de Cadaqués, que celebran todos os anos; e téñovos que decir que aqueles cataláns tratáronnos de marabilla. Por alí andaban Joan Sol, Toni Clapés, Jaume Amengual e Quico Despuig, coñecidos de anteriores citas a este e aquel lado da Península ou na rede de redes... que nos fixeron a cousa ben doada. Anunciábase Tramontana, e eu non tiña un motoriño para arriscarme a pasar o Cabo de Creus (un Fisterra que teñen alá) na dorniña, así que Quico, colleu o seu coche e levoume a dorna para alá a remolque, deixouna no seu galpón pola noite e á mañá, cando eu cheguei, xa locía preciosa na mallante.
perante as xentes do mundiño das embarcacións tradicionáis foi na Trobada de Vela Llatina de Cadaqués, que celebran todos os anos; e téñovos que decir que aqueles cataláns tratáronnos de marabilla. Por alí andaban Joan Sol, Toni Clapés, Jaume Amengual e Quico Despuig, coñecidos de anteriores citas a este e aquel lado da Península ou na rede de redes... que nos fixeron a cousa ben doada. Anunciábase Tramontana, e eu non tiña un motoriño para arriscarme a pasar o Cabo de Creus (un Fisterra que teñen alá) na dorniña, así que Quico, colleu o seu coche e levoume a dorna para alá a remolque, deixouna no seu galpón pola noite e á mañá, cando eu cheguei, xa locía preciosa na mallante.
O Encontro comezou cunha varada na praia grande da vila, para que o público poidese ver os barcos (admiracións e piropos para a Tamariua), logo houbo unha sardiñada, con viño (ás 12 da mañá, podédevos figurar a alegría con que zarpamos), e unha saida conxunta, pasando arredor dunhas boias, que resultou ser unha regata (saimos como un tiro, quitámoslle un cacho a todos e, ao non saber o recorrido, quedamos esperando pola flota). Alí puidemos ver embarcacións impresionantes: bussis, busetas (sí, sí: busetas, que xa falarei polo miudo), botes de regata, llauts, os preciosos sardinales, o espectacular "Corb Marí" de Joan (vencedor da regata) e a magnífica barca de mesana "Sant Isidre", onde tivemos o privilexio de comer invitados, e na mellor compañía, unha excelente "fideuá" preparada polo propio Quico . Tamén tivemos a ocasión de coñecer a Vicente García Delgado (coautor da obra indispensable "Nuestra Vela Latina") e a Ben, o inglés de Tarragona que se fixo unha barquiña de 4,60 con chapa e epoxi e foi con ela de Cataluña a Ibiza... E de postre: a pasear na dorna con todos estes amigos...
Logo, en terra, cervexiñas e conversas mariñeiras... e á noitiña, cea na praia do mellor, magníficamente organizada. ¿Non val a pena ter unha dorniña por alá?. Se queredes saber máis da Trobada de Vela Llatina de Cadaqués, e das impresións que causou a "Tamariua" podedes visitar os blogs de Joan Sol ttp://elmareselcami.blogspot.com/2009/09/xxii-trobada-de-cadaques-la-navegacio.html, que se pode traducir automáticamente ao castellano, e donde conto unha pequena crónica da regata; e o sorprendente e orixinalísimo blog de Ben ttp://theinvisibleworkshop.blogspot.com/2009/08/rowing-cross-oared-again.html, que, se non sabedes inglés, alomenos disfrutaredes das fotos e de ver o extenso reportaxe e o grande interés que lle suscitara a dorna. Que o disfrutedes.
Unha aperta. Suso
Ah!, e animádevos a facer algún comentario que senón esto é unha tristura. Non vos preocupedes se non vos aparece no momento: témolo que editar nos, pero xa logo sae.
10 de set. de 2009
Alquitrán de piñeiro
Tratamento con alquitrán de piñeiro .- Con este tratamento o que se consigue é que a madeira teña as propiedades o máis parecidas a cando a arbre estaba viva , xa que este alquitrán está feito da resina que se extrae dos piñeiros, que por medio de disolventes manténse líquido: aplicado a madeira esta o absorbe , é unha vez que seca queda no interior da madeira o que o alquitrán contén , e dicer , a resina . É o que se coñece como “curado da madeira”, que evita o azulado e o podrecemento. Se a rascamos, vemos que a madeira ten un color natural , como si estivese barnizada . O que se trata é de que a madeira chupe a maior cantidade de alquitrán posible , polo que se darán polo menos, unhas tres ou catro mans ; unha vez que o barco esté seco deberáse navegar con él , ata que a auga do mar coma (casi elimine) o alquitrán da superficie da madeira , a efecto de que se poida pintar sin que caia a pintura .Desta maneira atopámonos con que, estea a embarcación pintada ou non , o darlle o calor do sol a madeira , ésta tratará de abrir (romper) pero o ter o alquitrán no interior da mesma , éste trata de derretirse polo que impregna a madeira da humedade adecuada para que esto non suceda.
As embarcacións tratadas desta maneira tradicional polos mariñeiros das Rias Baixas consérvanse perfectamente por moito tempo . Na A.C. Lajareu por Barlovento temos Dornas navegándo cunha antiguedade de noventa anos.
Debido a que por parte das ferreterías de Efectos Navais deixóuse de vender este alquitrán , decindo que non era rendible fabricalo , xa que agora hai poucos barcos de Madeira, A A.C. Lajareu por Barlovento, optou, despois de moitas xestións , por facerse con dito alquitrán para uso das súas Dornas asi como para as embarcacións dos mariñeiros que quedan na nosa zona.
Observándo nas distintas concentracións de Embarcacións Tradicionais os tratamentos que moitos barcos tiñan, e cuidemos ver que, en moitos casos non eran, ao noso entender ,os máis axeitados. E é por iso que facemos un chamamento a xente que trabilla na recuperación e matemento das embarcacións tradicionáis, para que opten por este tratamento, que entendemos é o tradicional nas embarcacións de madeira, a fin de que non desapareza o que ata agora era o normal no ámbeto que nos ocupa. Doutro xeito, logo deixará de producirse o alquitrán de brea de piñeiro.