Ahí vos mando unhas fotos desde o Port de la Selva. Temporal de neve e vento en Cataluña con vento duro de Levante, e abofé que sí. Esta mañá NEVOU no Porto da Selva, e cortouse a estrada que vai a Cadaqués. Callou a neve no Mosteiro de Sant Pere de Rodes e no Castelo de Sant Salvador. E no mar, ondas de seis metros. Ahí tedes o mar rompendo no faro de S'Arnella. Para que logo digan que o Mediterraneo é unha palangana
Esta é a bitácora da A. C. Lajareu por Barlovento. Lajareu por Barlovento é unha asociación cultural e deportiva que se dedica á promoción da navegación tradicional en dorna. Ten a súa actividade en Galicia, principalmente en Ribeira, na ría de Arousa.
26 de dec. de 2008
Far de S'Arnella
Ahí vos mando unhas fotos desde o Port de la Selva. Temporal de neve e vento en Cataluña con vento duro de Levante, e abofé que sí. Esta mañá NEVOU no Porto da Selva, e cortouse a estrada que vai a Cadaqués. Callou a neve no Mosteiro de Sant Pere de Rodes e no Castelo de Sant Salvador. E no mar, ondas de seis metros. Ahí tedes o mar rompendo no faro de S'Arnella. Para que logo digan que o Mediterraneo é unha palangana
3 de dec. de 2008
Arredemo!
A presentación do curso foi unha gozada. Pese ás inclemencias do tempo, congregámonos un par de duecias de interesados e amigos para ver dous videos introductorios e compartir unha cea tradicional a base de caldo, chourizo e uns postres impresionantes feitos por Ana. Entre eles unhas pastiñas de té esquisitas coa fasquía de Arredemiños e dornñas... Unha pasada!
Miguel non se anda con caralladas. E xa sábado repartiu entre os interesados un dosier en CD con material didáctico, historia, tipoloxías... O curso terá contidos teóricos e prácticos. Eso que vedes ahí é un invento do propio Miguel para explicarlle aos alumnos como incide o vento na vela nos diferentes rumbos. A maquetiña do arredemo preséntase sobre n listón que xira nun eixo sobre outro. O listón inferior ten nun extremo un ventilador instalado. E todo esto sobre a carta da Ría de Sada... Un flipe!
Para as clases prácticas Miguel conta co seu Arredemo e coa colaboración de distintas Asociacións que visitará co seu grupiño de alumnos en fins de semana ao longo do ano, para coñecer e iniciarse na arte de levar unhas embarcacións e outras. Por suposto están invitados a vir a Riveira e velear nas nosas dornas. Conto con vos para disfrutar con eles desta iniciativa.
Daquí a Xullo Miguel conta con ter un grupiño de afeccioados a esta cousa nosa das embarcación de verdade, de coñecer á xentiña de aquí e acolá, e ir a Muros a disfrutar intensamente, e con coñecemento de causa, dunha experiencia tan preciosa como vai ser.
Creando afición. Creando escola... Adiante, Miguel, e bos ventos nesta sigradura marabillosa.
1 de dec. de 2008
Brest 2008. Primeira entrega
Como o blog nom tem novidades e como já era hora, vou começar a pendurar algumhas fotos de Brest 2008.Na primeira tendes a Moura na dársena que compartimos com Croatas, Brasileiros e Bretons, com a bandeira do Lajareu.
Na quarta foto umha dorna meca o mesmo dia saíndo da dársena.
Também vos recomendo esta ligaçom para ver um dos programas da tv francesa, o que dará umha ideia mais precisa do ambiente e escoitar a preciosa sintonia composta para o evento
http://www.youtube.com/watch?v=ItfgpOGvePE
22 de set. de 2008
Xuntanza de Bloggers en San Vicente do Mar.
9 de set. de 2008
PARROCHEIRA 2008
Bolinando polo bordo de terra temos o o característico bote de Ferrol con vela de pico (latina). Este concretamente cun mínimo martelo na proa que conforma a característica vela "mística". Por certo: o nome da vela "mística" ven do áraba "mistha", que que designa un tipo de embarcación antiga que usaba este tipo de velas. Nada que ver co misticismo.
Velahí o tedes: Non hai un cabo moderno nen unha polea que non sexa de madeira ou de baquelita. Ata disque non leva motor!
E nos, que vamos de tradicionáis...!
Felicidades irlandés!
4 de set. de 2008
Regata a remos em Siljarnäs
22 de xul. de 2008
Cultura e deporte conxugáronse na ruta Vale-Inclán
Cultura e deporte conxugáronse na ruta Vale-Inclán.
La Voz de Galicia recolle os detalles da travesía protagonizada polo Lajareu o pasado sábado. Mexturáronse deporte, cultura e diversión. Unha boa iniciativa que seguro que se repite.
4 de xul. de 2008
SUSPENDIDAS A REGATA LAJAREU E A DA DORNA
A Xunta Directiva do Lajareu vese obrigada a suspender a celebración das suas tradicionáis Regata Lajareu e REgata da Dorna pola imposibilidade de adaptarse este verán á nova Regulación legal.
Como xa teredes escoitado, o pasado 7 de maio de 2008 entrou en vigor o REAL DECRETO 62/2008, de 25 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das condicións de seguridade marítima, da navegación e da vida humana no mar aplicables ás concentracións náuticas de carácter conmemorativo e pruebas náutico-deportivas; legislación que se nos aplica directamente.
Este regulamento establece novos requisitos para os clubes e os regatistas na celebración das regatas, que mellorarán a seguridade de todos.
A Asociación Cultural Lajareu por Barlovbento, coa responsabilidade que sempre a caracterizou, disporá os medios necesarios para adaptarse a esta normativa e facilitará aos seus regatistas o cumplimento dos requisitos que lles incumben, pero, dada a proximidade de datas das regatas de verán, e a imposibilidade de levar a cabo as preceptivas adaptacións que permitan a celebración das regatas legalmente, a Xunta Directiva veuse obligada, de xeito excepcional, a suspender ambas probas.
Sentímolo realmente e agardamos reanudar en breve a nosa actividade deportiva. Mentres tanto ahí queda esta espectacular imaxe na lembranza.
Unha aperta a todos
18 de xuño de 2008
Regata Fasquía
Pero, como xa se sabe, a ría revolta gañancia de mariñeiros, e a Moura, levemente rezagada pola sua incorporación tardía á saida, foi quen de apartarse da "melé", e safar limpamente situandose nunha posición de avantaxe que mantivo nas duas voltas acadando un 9º posto . Tamén a Vikinga fixo unha excelente regata, mantendose na proa da Cachi ata chegar no posto nº 13.
Aquí podedes ver unha reportaxe da regata elaborada pola TVG:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=15
E aquí unha crónica escrita da regata.
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/06/08/0003_6887225.htm?idioma=galego
Unha aperta a todos. Vémonos na próxima.
Suso
26 de maio de 2008
Calendario de Regatas e Encontros do Verán
Finalizou exitosamente a nosa Regata de Primavera. Tivemos de todo: ventos bos e ruíns, duros, mallados, e calmas, maruxías, correntes, sol nubes e choiva, bordos bos e quillas ao sol, pero sobre todo deportividade, compañeirismo, mariñeiría e un nivel deportivo cada vez máis alto e equlibrado entre os participantes. E falando de particpantes, ahí vos poño una foto do nos compañeiro máis mariñeiro que mesmo levou polo aire á mesmísima "Lusiña" (así calquera anda).
| Evento | Inicio | Remate |
Maio | Dia das Letras. Inicio da temporada. Illa de Arousa | 17 Maio 2008 - 12:00 | 17 Maio 2008 - 20:00 |
XIV Feria del pescado. Bermeo | 23 Maio 2008 - 11:00 | 25 Maio 2008 - 20:05 | |
Xuño | IV Regata Fasquía (Trofeo Galicia) | 7 Xuñ 2008 - 16:00 | 7 Xuñ 2008 - 20:10 |
IV Regata Area Seba | 14 Xuñ 2008 - 16:00 | 14 Xuñ 2008 - 20:00 | |
II Encontro de Embarcações Tradicionais de Viana do Castelo | 20 Xuñ 2008 - 12:00 | 22 Xuñ 2008 - 12:00 | |
VI Encontro de Embarcações Tradicionais de Vila do Conde | 20 Xuñ 2008 - 16:00 | 22 Xuñ 2008 - 20:00 | |
I Regata de Portonovo | 21 Xuñ 2008 - 16:00 | 21 Xuñ 2008 - 20:00 | |
XXIV Volta á Illa | 28 Xuñ 2008 - 16:00 | 28 Xuñ 2008 - 20:00 | |
Xullo | II Festa de | 3 Xull 2008 - 12:00 | 6 Xul 2008 - 12:00 |
Brest 2008. Fête maritime internationale | 11 Xull 2008 - 10:00 | 17 Xul 2008 - 10:00 | |
REGATA DA DORNA | 19 Xull 2008 | | |
VI Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes | 19 Xull 2008 - 12:00 | 20 Xul 2008 - 12:00 | |
Festa do Rio. Monforte | 26 Xull 2008 - 10:00 | 27 Xul 2008 - 22:00 | |
XII Regata dos Faros (Trofeo Galicia) | 26 Xull 2008 - 16:00 | 26 Xul 2008 - 20:00 | |
Agosto | XX Regata do Bao (Trofeo Galicia) | 2 Ago 2008 - 16:00 | 2 Ago 2008 - 20:00 |
Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Meira, Moaña | 9 Ago 2008 - 10:00 | 10 Ago 2008 - 23:00 | |
IX Regata do Albariño (Trofeo Galicia) | 9 Ago 2008 - 16:00 | 9 Ago 2008 - 20:00 | |
Festa do mar. Combarro | 22 Ago 2008 - 10:00 | 24 Ago 2008 - 23:00 | |
XII Encontro de Embarcacións Tradicionais. Bueu | 22 Ago 2008 - 12:00 | 24 Ago 2008 - 20:00 | |
Festa do Mar. Combarro | 22 Ago 2008 - 12:00 | 24 Ago 2008 - 20:00 | |
II Regata Calmoseira | 23 Ago 2008 - 16:00 | 23 Ago 2008 - 20:00 | |
Regata e Xuntanza en Vilaxoan | 30 Ago 2008 - 16:00 | 30 Ago 2008 - 20:00 | |
Setembro | Xuntanza de Embarcacións Tradicionais. Vila de Bouzas | 5 Set 2008 - 16:00 | 7 Set 2008 - 23:00 |
VOLTA A RÚA-PALMEIRA | 6 Set 2008 | | |
Outubro | Regata do Marisco | 11 Out 2008 - 16:00 | 11 Out 2008 - 20:00 |
12 de maio de 2008
A Regata de Primavera está que arde
No entanto a Regata de Primavera tennos deixado imaxes tan fermosas como esta da Terceira proba, coas dornas en popa redonda coa proa cara á punta Sur de Rua.
O pasado sábado celebrouse unha espectacular cuarta proba, con vento duro de Noroeste. A regata resultou tan intensa como accidentada: duas dornas deron quilla arriba e moitas houberon de coser un rizo. A vela propia adoptada polo Lajareu, que admite o pao nas tres picas, demostrou a sua seguridade e efectividade con ventos duros. Gañou a proba a Áncora cun amplo marxe, e a loita librouse para o segundo e terceiro postos entre a Moura dun servidor e Marcos Buide e a Cachi dos irmaos Suarez. Despois dunha competidísima loita terminou por impoñerse a Moura na última bolina co típico vento de San Alberte, tremendamente inestable en intensidade e dirección.
Así que me permitiredes a inmodestia de colgar a única foto que fixemos da regata antes de se agotar as baerías da cámara.
A Moura cruzou a liña de saida co pao a proa, un rizo cosido e o estrinque cazado (como se ve na foto). Mantivo o ritmo da flota na empopada cara as Eiroas e superou ás que tiña pola proa (excepto a Áncora) cando houbo que bolinar e os que levaban todo o trapo non aguantaron a escora. Pódese decir que gañou a prudencia. Noraboa a todos os que participamos nesta magnífica regata e unha aperta aos que puxeron a quilla ao sol e moi especialmente aos mariñeiros da Vikinga, que renunciaron por auxiliar aos compañeiros que lles volcaron na proa.
Vémonos na próxima. Bo vento e sorte para todos.
10 de abr. de 2008
CALENDARIO DE REGATAS
REGATAS DE DORNAS A VELA 2008
HOLA A TODOS COMPAÑEIROS:
Ahí vos poño o calendario de regatas para vos ir facendo á idea. Como sempre suxeitos a suspensións e aprazamentos polos caprichos da meteoroloxía. Sorte e bo vento
DATA | REGATA | ORGANIZACIÓN |
29/03/08 | TROFEO PRIMAVERA 1ª | A.C. LAJAREU |
12/04/08 | TROFEO PRIMAVERA 2ª | A.C. LAJAREU |
26/04/08 | TROFEO PRIMAVERA 3ª | A.C. LAJAREU |
10/05/08 | TROFEO PRIMAVERA 4ª | A.C. LAJAREU |
24/05/08 | TROFEO PRIMAVERA 5ª | A.C. LAJAREU |
19/07/08 | REGATA DA DORNA | A.C. LAJAREU |
6/09/08 | VOLTA A RÚA-PALMEIRA | A.C. LAJAREU |
4 de mar. de 2008
Port de la Selva
Pero pese a todo aquí están, recuperados por eses tolos lúcidos, coma nos, namorados do seu mar, das suas embarcacións tradicionáis, e do seu velear. Cada vez se ven máis barcas aparelladas a vela latina, mesmo recuperaron máis dun barco sardiñeiro, "llauts quillats" de vinte metros, co seu esforzo colectivo.
Velahí o tedes: cheo de embarcacións modernas de fibra (algunhas tamén de madeira) perfectamente adaptadas ao seu uso de lecer actual, pero que recrean no seu tipo e fasquía os tradicionáis llauts cataláns. Ocupan máis de dous terzos dos amarres do Clube Náutico e a escena repítese en cada Náutico e cada Mariña da costa catalana. ¿Non vos acae unha fonda reflexión? Coa nosa inmensa riqueza en tipoloxías de embarcacións tradicionáis, coa singularidade e excepcionáis cualidades mariñeiras da nosa dorna, ¿cómo é que nos clubes náuticos de Galicia hai o que hai, e nada do outro? A resposta está, como todo, na xente, na mentalidade, na sociedade, na cultura.