18 de out. de 2007

Por eses mares de Dios

Vista das Illas Alicudi e Filicudi dende a Illa de Salina (Illas Eolias, Sicilia)


Ola de novo mariñeiros.
Por se non vo-lo dixen, Ingrid e eu acabamos de volver das nosas vacacións, dunha preciosa viaxe a Sicilia, a Illa mais grande e central do mar Mediterraneo que foi noutro tempo centro do mundo. Na sua costa xónica, na cidade de Siracusa, a cultura grega clásica acadou o seu maior esplendor, e hoxe podemos admirar os seus marabillosos templos dóricos, teatros, urbes e castelos nun excelente estado de conservación.
Templo grego clásico da Concordia, Agrigento (Sicilia)

Romanos, bizantinos, árabes e normandos deixaron alí magníficas mostras do seu paso sobrevivindo a terremotos e volcáns ainda hoxe fumeantes. E, como non podia ser doutro xeito, andando por eses mares de Dios, tamén poidemos achegarnos ao seu patrimonio cultural marítimo, do que vos traemos esta pequena mostra:
Porto Mariñeiro de Ognina (Catania, Sicilia)


Aquí tedes unha vista da porto de Ognina, nunha esquiniña da grande urbe de Catania, cheo de embarcacións tradicionais de diversa tipoloxía. Sorprendente o enorme pichón da embarcación de cuberta vermella (no centro, ao fondo).

Porto mariñeiro de Acicastello (Sicilia)

Neste porto de Acicastello, moi cerca de Catania, o reporteiro exhibe fachendoso o emblema do Lajareu na sua camiseta mentres posa ao lado da "Pietro", magníficamente decorada ao estilo tradicional. Ao fondo os "Faralloni" (non deixei de sorprenderme das coincidencias lingüísticas co galego).
Porto mariñeiro de Acicastello (Sicilia)

E aquí temos esta preciosa embarcación do mesmo tipo esquisitamente decorada no estilo tradicional e aparellada coa sua vela latina. Felicidades a quen teña levado a cabo esta labor de conservación do patrimonio mariñeiro siciliano.

Porto mariñeiro de Acicastello (Sicilia)

Estas embarcacións reciben o nome xenérico de "gozzo" (plural "gozzi") e polo que vin gardan un enorme parecido coas nosas bucetas e os llaguts cataláns.Velaquí o detalle da "Acitrezza". Vese na proa o ollo do deus exipcio "Ra", que extenderon os fenicios por todo o Mediterraneo. Nos nosos Encontros de Embarcacións Tradicionáis puidémolo ver na barca de xábega magaleña.
Peirao na boca do canal de Siracusa (Sicilia)

En Siracusa quiteille esta foto aos equivalentes sicilianos dun bote polveiro e unha buceta de pouca manga, das que chamaban no Freixo "canoas". Observade os corredores so de meo a proa.



Porto de Lingua, Illa de Salina (Illas Eolias, Sicilia)

Na Illa de Salina, nas Eolias, perto da cinematográfica Stromboli co seu volcán activo, puiden ver esta variedade de menor manga. Fixádevos na varada. Como se nota que alí non hai mareas...

Varadeiro en Pollara, Illa de Salina (Illas Eolias, Sicilia)

E xa para rematar, unha foto en detalle destes curiosos imbornais triangulares.
Hai moito mais pero non me colle. Unha aperta a todos. Vémonos na próxima regata!

8 comentarios:

  1. Buenísimas las fotos!

    El texto tiene buena pinta, pero al estar sólo en gallego me quedé un poco fuera de juego. Espero que pongas fecha para un pase de diapositivas en directo, pues con los gestos y la expresión de la cara todas las lenguas se entienden mucho mejor!!!

    Un abrazo cariñoso desde Cadaqués, Luis.

    ResponderEliminar
  2. Un moi bonito reportaxe do noso Suso. Da gusto ver esas embarcacións tan ben coidadas. Gracias por compartir connosco unha viaxe tan cultural como mariñeira.

    Alberto

    ResponderEliminar
  3. Impressionant el reportatge. Amb la vostra autorització divulgaré als socis i sòcies de La Mar d'Amics de Palamós la vostra adreça del blog perquè puguin gaudir d'ell. Jordi Salvador. President de La Mar d'Amics .www.lamardamics.org

    ResponderEliminar
  4. Unha reportaxe estupenda Suso.
    Grazas e unha aperta mariñeira.

    ResponderEliminar
  5. Ola Suso:
    Escríboche para informarche de que seis blogueiros e blogueiras( tres galegos e tres portugueses) estamos a desenvolver o SORTEO CULTURA MARIÑEIRA DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA. As bases do sorteo están publicadas nos nosos blogues e participando entrarás no sorteo de libros de temática marítima.
    Por comentar en cada un dos blogues promotores recibes un boleto de participación ata un máximo de 6. Ademáis se publicas as bases no blogue de Lajareu por Barlovento recibirás 7 boletos de participación suplementarios.
    Amigho, un saúdo mariñeiro.

    Sorte¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  6. Gracias a todos.
    Luis: aquí tienes tu casa y tu dorna pra venirte cuando te venga bien a ver las fotos y dar unos bordos por la Ria de Arousa.
    La verdad es que en pleno siglo XXI bien podríamos tener la página traducida al castellano, al inglés y al francés, ya que nuestra es la difusión al mundo de este patrimonio inmenso que son las dornas.

    ResponderEliminar
  7. Bemvolgut amic Jordi. Moltes gracies per les teves paraules. Es clar que pots divulgar la adreça del blog a tothom, cossa que t'agraeixo. Segur que disculparás el meu horrible catalá.
    Una abraçada a tots aquets mariners de la tramontana.

    ResponderEliminar
  8. Amigo Fartura: Disculpa que non atendera antes o teu comentario. Chéghame o traballo pola regala.
    Gracias pola tua invitación ao concurso dos libros. Penso que xa chego tarde. Felicitaci´ns pola iniciativa.
    Unha aperta. Suso

    ResponderEliminar