12/07/2006

VOLTA A ILLA.A RAIÑA DAS REGATAS

O pasado sábado celebrouse na Illa da Arousa a Volta á Illa ,sen lugar a dúbida,a maior e mais importante das rejatas.Cuarenta e duas dornas,que se di pronto,e oito do Lajareu.
O dia estivo caralludo ,con sol e cun ventiño constante e suave que fixo que a rejata se fixera en pouco tempo.
Coma sempre, picamos de exceso de confianza e non se nos ocurreu pedir o recorrido ó chejar (A Deus poño por testijo que xamais nos volverá a pasar),dandose unha situación do mais absurdo ,a maioria das dornas saindo pola boia e nos aboiados lendo o recorrido.
Ante nesa situación tentamos sair,pero estabamos bloqueados polo noso amigo Claudio de Vilanova.Vendo que era ijual sair antes que despois decidimos tomalo con calma ,total non tiñamos nada que perder,asi foi como saimos de últimos do peloton ,diante nosa só viamos duas dornas,a de Claudio e un pouco mais adiante a Zoa de Charly e José o americano.(dende aqui a miña felicitación xa que fixeron unha rejata impresionante)
Ainda que as nosa posibilidades eran nulas non desistimos e ó chegar á primeira boia fixemos unha trasluchada perfecta e demos conta de duas dornas.
No rumbo cara ó norte de Illa a Volandeira navegou coma nos seus mellores tempos adiantando a unha chea de dornas,chejando a ver a quinse pola popa.
Na altura dun sinal viramos e fixemos un bordo cara ó sur ,primeiro nun través e despois nunha popa pechada ata chejar ó faro.
A partir de aí xa era imposible coller ás dornas que ian diante e só nos quedou mante-la distancia cas que nos perseguían .
Todo marchaba ben,pero ó final ,despois dunha rejata impresionante chejou o cabreo,xa que cando estabamos a piques de entrar cambiaron as boias de entrada de sitio,e cando prejuntamos como era a entrada uns din que entre a boia e a praia,outro que entre a boia e o barco,é o final a nerea de Vilanova adiantounos xusto na entrada.
Foi unha mágoa ,pero ainda así rematamos no posto dezaoito saindo de últimos.
Consello a navegantes:acordadevos de pedi-lo recorrido ó chejar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario